A Pobra do Caramiñal acolleu este fin de semana e por décimo ano consecutivo as xornadas de implantoloxía dental promovidas pola clínica do doutor Gonzalo López Castro. Estas contan ademais co apoio de Dentsply Implants.
A mañá do venres comezou cun taller impartido polo doutor Pascal Valentini sobre unha técnica denominada elevación do seno maxilar en fantomas. A clase práctica foi realizada na clínica dental pobrense durante catro horas. Na primeira parte amosáronse evidencias científicas e, na segunda, aplicáronse os coñecementos adquiridos en moldes de alta calidade. Esta primeira técnica defendida por Valentini e que consiste en alzar a peza dental para gañar espazo foi contraposta ao establecemento duns implantes especialmente curtos, coñecida como a técnica de osteotomos de fricción apical e que argumenta o doutor Alberto Salgado. Aínda que esta última non conta cun apoio tan maioritario entre a comunidade odontolóxica como a primeira.
https://www.youtube.com/watch?v=1yx0sDwBkfE