No día de hoxe a casa do Concello de Outes acolleu a presentación de dous grandes eventos deportivos que se celebrarán en xuño e xullo. Trátase de dúas probas de piragüismo. Por un lado terá lugar o 25 de xuño o I Trofeo Concello de Outes, onde participarán arredor de 450 nenos. Doutra banda, o 27 de xullo Outes albergará a cuarta proba da liga provincial de Piragüismo, onde se darán cita preto de 400 participantes.
O I TROFEO CONCELLO DE OUTES DE PIRAGÜISMO TERÁ LUGAR O 25 DE XUÑO.

