Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PRESIDENTE DA XUNTA MANTIVO UNHA REUNIÓN COA OPOSICIÓN

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, mantivo en Santiago dúas reunións coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e co secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso. Nas xuntanzas Rueda destacou a importancia do diálogo entre as forzas políticas e trasladou unha proposta para levar ao Goberno central unha posición única de Galicia en diferentes temas como poden ser a sanidade, os fondos europeos ou as infraestruturas.

Salir de la versión móvil