Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA DESTACA O PAPEL DA CIENCIA E A INNOVACIÓN PARA CONSTRUIR UNHA GALICIA INTELIXENTE E SOSTIBLE

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinalou hoxe na presentación de Sigma4 Covid, o ensaio clínico do primeiro antiviral español contra a covid-19, que a ciencia e a innovación está a xogar un papel crave para superar o actual contexto, e que son tamén fundamentais para construír a Galicia de mañá, intelixente e sostible. O vicepresidente primeiro subliñou a necesidade de impulsar un ecosistema de ciencia e de I+D+i que estea conectado a retos como a medicina.

Salir de la versión móvil