A edición número XV da Travesía a Nado chega ao Concello de Porto do Son.
Vaise celebrar na praia de Coira en Portosín, o vindeiro sábado 30, a partir das 12:00h da mañán.
Este ano, co propósito de darlle un impulso, está incluida no Circuito de Augas Abertas da Federación Galega de Natación, que se encarga de xestionar as clasificacións e as inscripcións de participantes.
Respecto á participación, cabe sinalar que aumentou considerablemente o número de participantes respecto a anteriores edicións e agardan contar cunha cifra de arredor de 180 nadadores e nadadoras.
http://youtu.be/4adnSdiFjjU