Manuel Durán compareceu esta mañá ante os medios acompañado de parte do seu equipo para facer unha valoración da actuación de Nos Pobra ó frente do Concello durante este ano. Os populares valoran moi negativamente o traballo realizado polo equipo de goberno, calificandoo de un goberno sen proxecto, sen ambición e cunha xestión ineficiente. O líder dos populares pobrenses destacou varios feitos como irresponsabilidades, entre eles a perda da inversión da Xunta para o novo centro de saúde, a perda das bandeiras azuis, a falta de definición da segunda fase de rexeneración das Xunqueiras ou a falta de adopción de medidas preventivas para mellorar a seguridade cidadá.
Manuel Durán explicou que que se trata dunha situación sorprendente, na que para outros grupos da oposición prima o partidismo. A falta de proxecto de futuro e a búsqueda do interés común dos veciños fai que o PP esté predisposto a apoiar unha moción de censura.