A comisión avaliadora de subvencións asinou este venres día 17 de xullo a concesión definitiva dos 899.994,02 euros do programa dirixido a concellos e entidades locais para o desenvolvementos e programas de igualdade entre homes e mulleres e loita contra a violencia de xénero. A resolución contempla que un total de noventa concellos ademais de dúas entidades locais como son o Consorcio das Mariñas e a Mancomunidade de Ordes as beneficiarias das subvencións que se destinarán a multitude de programas para as que foron solicitadas, entre eles, iniciativas de conciliación, empregabilidade, coeducación, xornadas sobre violencia de xénero ou obradoiros de igualdade dirixidos especialmente a centros de ensino.
A responsable da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade, Ánxela Franco, destaca a vontade destas axudas de «dotar aos concellos de recursos para, desde as entidades locais, contribuír de maneira decidida á igualdade e á loita contra a violencia de xénero». Para a deputada nacionalista, “os concellos, ao estaren en contacto directo coa veciñanza, poden detectar as urxencias e as posibilidades para unha política eficaz no ámbito da igualdade».