Un dos edificios máis recoñecidos de Noia é o teatro Coliseo Noela, o centro neurálxico da cultura do municipio. Con máis de 100 anos de historia, o edificio contará cunha nova axuda para mellorar o seu equipamento. A Consellería de Cultura, dirixida por Román Rodríguez, concedeu unha axuda ao Concello de Noia para actuar no histórico teatro e renovar o equipamento lumínico, de vídeo e de son.
O COLISEO NOELA CONTARÁ CON NOVO EQUIPAMENTO.

