Icono del sitio CanalBarbanza.com

O GOBERNO GALEGO AVANZA NO DESENVOLVEMENTO DA ESTRATEXIA NAVAL PARA RESPONDER AOS RETOS DE FUTURO DO SECTOR EN FERROL

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá en Ferrol un encontro co sector naval da comarca para avanzar no desenvolvemento da Estratexia Naval e co obxectivo de que esta folla de ruta dea resposta aos retos de futuro desta industria clave para a zona. Conde apuntou que a estratexia centrarase no apoio ao financiamento para cubrir a falta de medidas e apoios a nivel estatal; na estimulación da demanda a través da diversificación e no impulso de novos proxectos.

Salir de la versión móvil