Sin categoría

A quinta edición da Sanxoandeirada regresa o 22 de xuño

A Sanxoandeirada regresa por quinto ano consecutivo para animar as rúas e prazas de Ribeira. O vindeiro 22 de xuño e baixo o título de «Onde foi o león?» desfrutaremos das peripecias de Bolboreta, Fiandeira e do resto de personaxes xurdidos da imaxinación de Santi Páramo.
Esta orixinal proposta participativa de teatro na rúa trátase dunha iniciativa promovida polos Servizos Sociais Comunitarios e enmárcase dentro da programación do Xuño da Cultura e as Artes.
Preto dun cento de persoas estarán implicadas dun ou doutro xeito na organización, incluíndo a colectivos como o grupo de pandeiretas do Colexio Bayón, as Cantareiras do Barbanza de Amas de Casa, o grupo de pandeireteiras da asociación Bailadela e as pandeireteiras infantís de Aires de Dorna, o grupo de gaitas ‘O Rueiro’ dos Fillos de Palmeira e o grupo de música afrogalaica Perfusión. Tamén quixeron colaborar moitos pequenos comercios.

Salir de la versión móvil