Muros

Voluntariado de ADEGA participará na eliminación de invasoras na lagoa de Louro (Muros)

Esta actividade enmarcase dentro do convenio que ADEGA asinou coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza para desenvolver un “Programa de Educación, Divulgación e Voluntariado Ambiental para a Conservación de Especies e Hábitats”.
A actividade continuará as accións iniciadas en 2015 e estará centrada na eliminación de especies invasoras. A introdución de especies exóticas invasoras é, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante na perda de biodiversidade e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas. ADEGA leva anos traballando nesta temática. É por iso que, unha vez máis, organiza esta xornada dando á cidadanía a oportunidade de actuar con iniciativas de custodia litoral.
Para esta actividade o voluntariado contará con seguro de responsabilidade civil e de accidentes. A xornada comezará o sábado pola mañá. Tras a recepción do voluntariado no Centro Social de Louro, e dunha pequena introdución a problemática ambiental das invasoras, comezarán os traballos de campo. O voluntariado contará coa ferramenta apropiada. Haberá un descanso para a comida (gratuíta para os participantes) e unha segunda sesión de traballo durante a tarde. O voluntariado poderá coñecer este magnífico espazo natural e axudar á súa conservación

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.