Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PLENO DA POBRA APOIA Á MOCIÓN PRESENTADA POLOS PRESIDENTES DAS XUNTAS REITORAS DAS COMUNIDADES DE MONTE VECIÑAL EN MAN COMÚN BARBANZA DE POSMARCOS E LESÓN

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu este 26 de maio a sesión ordinaria do pleno da Corporación. Durante o acto tratáronse un total de 12 puntos. Un dos que máis forza colleu ao longo destas semanas foi a Proposta da alcaldía para o apoio á moción presentada polos presidentes das xuntas reitoras das comunidades de monte veciñal en man común Barbanza de Posmarcos e Barbanza de Lesón respecto da iniciativa lexislativa popular presentada pola Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM). Foi exposta por Lorena Muñiz Sampedro, representante da comunidade de montes. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 abstencións (PP).

Salir de la versión móvil