Este fin de semana, Gondomar acolleu unha gran actuación por parte de dous pilotos do Motoclub Ribeira. Juan Carlos Muñiz e Fran Vilas lideran nas súas respectivas categorías o torneo Dagan Cup.
Muñiz exhibiu todo o seu potencial na proba de promoción e continúa sendo líder da xeral. Aínda que non se alzou coa victoria na súa modalidade e quedou quinto na proba elite, o seu obxectivo é ir fogueándose para a próxima tempada ao ter que competir nunha categoría de difícil adaptación.
Pola súa parte, Vilas, que compite na modalidade alevín +6, acadou o primeiro posto na última proba que se disputou na localidade pontevedresa. O motorista liderou as dúas mangas da carreira e impúxose con folgura aos seus rivais.
https://www.youtube.com/watch?v=rHVrM332Bzk