Rianxo foi un dos concellos elexidos para ser sede da Campaña de Vela 2016 organizada pola Deputación da Coruña. O curso de Vela desenvolverase do 18 ao 22 de xullo e vai dirixido a rapaces e rapazas de 9 a 18 anos da comarca, se ben terán prioridade os nenos e nenas empadroados no Concello de Rianxo.

O prazo de inscrición está aberto e hai que entregar a documentación antes do 11 de xullo no Rexistro Municipal. A Cota de inscrición é de 25 €
Para obter máis información poden dirixirse á oficina de deportes municipal.

https://www.youtube.com/watch?v=SUxCHDiMDDc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.