A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe no encontro Lanzadeira Conecta Emprego. Entre o 2016 e o 2022 a Xunta apoiou a celebración de 39 lanzadeiras de emprego para facilitar o acceso ao mercado de traballo ás persoas desempregadas. Lorenzana destacou os bos resultados da iniciativa, promovida polo Goberno galego, A Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica.
O 60% DAS PERSOAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPARON NAS LANZADEIRAS CONECTA EMPREGO ACADARON A SÚA INSERCIÓN LABORAL.

