Sin categoría

O vindeiro domingo celebrarase un mitin do BNG en Boiro

O domingo 19 de xuño, a rúa peonil boirense acollerá un acto do grupo municipal do BNG. Será a partir da 13:00 da tarde e nel defenderán a súa proposta para as eleccións xerais que terán lugar o día 26 deste mesmo mes. A cita contará coa presenza de Raquel Suárez, voceira do BNG de Boiro; Xosé Deira, candidato ao Congreso; e Xosé Luis Rivas ‘Mini’, candidato número un ao Senado.

Defenden que a política debe estar ao servizo dos intereses da xente e consideran que esta é unha nova oportunidade para obter presenza na Cámara Baixa.

A xornada estará amenizada polas Rianxeiras da Covecha e repartiranse agasallos.

Sinalan que votar por eles ten valor dobre, xa que vale para sacar ao PP do Goberno e vale para que Galicia teña voz propia no Parlamento do Estado.

Por todo isto, animan á cidadanía a participar activamente nos comicios do día 26.

Salir de la versión móvil