A xunta de persoal denuncia que este peche de camas provoca o colapso no Servizo de Urxencias, con máis de 20 e 30 pacientes pendentes de ingreso e con espera de 3 días por unha cama, ademáis de derivalos a centros privados. O Barbanza e Cee son os únicos centros que non pechan camas.
Tamén advirten do peche de varios centros sanitarios de atención primaria en distintos Concellos da Área de Xestión da Xerencia durante o verán, como é o caso do consultorio de Cabo de Cruz ( Boiro ).