Galicia xa conta co seu primeiro campión autonómico de Ultramaratón BTT

Brandan Márquez foi o máis forte na estrea deste título que se puxo en xogo na segunda edición da Gran Ruta Celta. O representante do C.C. Traviesas, de categoría Elite, levantou os brazos na localidade coruñesa de Noia marcando un tempo de 7 horas 22 minutos e 39 segundos nun percorrido de 180 kilómetros.
Sete horas máis tarde da chegada de Marquez cruzou a liña de meta o último dos 88 bikers que completaron esta proba. Os outros corredores que acadaron os maillots de campións de Galicia foron Verónica Montes (Betanzos) en elite feminino; Delmiro Rodríguez (Burgas Bike) e Silvia García (Bici Verde) en Master-30; Jorge Novoa (As Pontes) e Ana María González (Vagalume) en Master-40; e Gonzalo Sestelo (A Lamprea) en Master-50/60.
En total, a inscrición alcanzou os 305 participantes, que se dividiron entre a proba Ultramaratón, a Maratón de 100 kilómetros e unha ruta popular de 50 kilómetros. O pistoletazo de saída deuse ás 8:00 horas da mañá dende a alameda da vila medieval de Noia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.