Edar de Xuño, en Porto do Son

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá máis de 450.000 euros na execución das obras de saneamento do núcleo de Caamaño e na mellora e ampliación da EDAR de Xuño, en Porto do Son. Así se recolle no convenio asinado hoxe entre a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Luis Oujo.
Estas obras comprenden as actuacións precisas para a posta en servizo efectiva da EDAR de Xuño, xa que é necesario actuar na depuradora e realizar a conexión coas parroquias de Xuño e Caamaño, onde reside a poboación que pretende servir. Con esta actuación o concello de Porto do Son avanza cara a consecución do saneamento integral do municipio.
En concreto, os traballos incluirán unha serie de arranxos e a execución de instalacións novas na infraestrutura xa existente da EDAR. Ademais, acometerase a conexión desta depuradora cos núcleos de Xuño e Caamaño a través de tres tramos de colectores por gravidade dunha lonxitude total de 788 metros, e dun novo bombeo.

https://www.youtube.com/watch?v=gvv6BJnf4CM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.