O Concello da Pobra reafirma a súa aposta polo emprendemento cunha nova acción: un campus de emprendemento con perspectiva de xénero. A formación desenvolverase entre o 3 e 4 de xuño no espazo coworking. A través desta iniciativa búscase dotar de máis ferramentas ás mulleres que queiran emprender un negocio.
A POBRA CELEBRARÁ UN CAMPUS DE EMPRENDEMENTO CON PERSPECTIVA DE XÉNERO

