Vixilia polos refuxiados

A iniciativa a favor dos refuxiados foi presentada esta mañá en Ribeira, coa intención de dala a coñecer ó maior número posible de xente.
Dende Somos Refuxio fan un chamamento á poboación para que participe defendendo o dereito dos refuxiados que se senten desamparados polos países da Unión.
Como xa sucedera na vixilia celebrada o pasado mes de abril en Ribeira, esta iniciativa solidaria vai contar coa colaboración de distintos colectivos, asociacións, organizacións políticas, ademais do Concello de Rianxo e, o máis importante, a intervención de poetas e grupos de música para facer máis lúdica a reivindicación.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.