Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CONCELLO E A CONFRARÍA DE PESCADORES DA POBRA ÚNENSE POLA FORMACIÓN NO CULTIVO DE SEMENTE EN BATEA.

A concellería de Desenvolvemento Local pobrense e a confraría do municipio suman forzas para garantir o futuro do sector. Froito do traballo conxunto nace o curso “Técnicas de cultivo de semente en batea”, logo de que a unión entre as entidades que comezou a formarse no 2020 facilitara a chegada dunha batea onde se cultivará ameixa.

Salir de la versión móvil