O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apostou hoxe pola estabilidade para seguir progresando, así como para defender os intereses de Galicia ante o debate que xa está aberto sobre o modelo territorial.
Nesta liña e na Tribuna do Círculo de Empresarios de Galicia, Feijóo subliñou que a estabilidade permitiu preservar a nosa autonomía, seguir mellorando os servizos públicos, poder dispoñer dun superávit de responsabilidade e de impulso económico, e ter a previsión de crecer ao 2’8% e de reducir a taxa de paro ata o 17’3% a final de ano.
Ademais, o titular da Xunta expresou a preocupación de que o único obxectivo do debate territorial sexa acalar o problema secesionista de Cataluña, como se o encaixe do resto das comunidades fose secundario.
Ao longo da súa intervención, Feijóo garantiu o compromiso do Goberno galego para que, fronte aos vaivéns que comprometen seriamente a estabilidade nacional, Galicia siga avanzando con novos pedidos para os estaleiros, con novos modelos para a automoción, con novos instrumentos para os que máis o necesitan a través da Axenda Social Única, ou con novas medidas para a conciliación, entre outros.
https://www.youtube.com/watch?v=tdHMS54C7OA