Covadonga Sangaldo destacou que os resultados dos estudos realizados polo Intecmar dende o ano 2009 permitiron que dende finais de 2014 se poida comercializar esta especie en determinados bancos en función do seu tamaño e con todas as garantías hixiénico-sanitarias.
A extracción do reló foi suspendida en Galicia no 2008 debido á presenza de chumbo por encima dos límites legais e a partir do ano 2009 o Intecmar realizou estudos sobre a acumulación de chumbo nesta especie. A directora do Intecmar explicou que das analíticas realizadas se deduciu que, en determinados bancos, a presenza de chumbo en individuos de reló con talla inferior aos 35 mm non superaba os límites autorizados pola Unión Europea para consumo humano con todas as garantías sanitarias, explicou a directora do Intecmar. A isto engadiu que o 25% das análises que realiza a Unidade de Metais Pesados do Intecmar se centra en estudar a presenza de chumbo no reló.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.