O BNG de Outes, a través da concelleira María Xosé Suárez, presentou unha moción para ser debatida en pleno relativa ao estado no que se atopa a casa natal do poeta Francisco Añón e ao futuro que se lle quere dar este singular e sobranceiro inmóbel, non só dende o punto de vista cultural senón tamén histórico, social e turístico. Na moción, proponse segundo o BNG “que o Goberno local negocie cos propietarios actuais a adquisición da casa natal do Poeta Añón para a súa posta en valor e restauración” Os nacionalistas acusan ao goberno local de poñer excusas para non preservar a vivenda.
O BNG DE OUTES PROPÓN A PRESERVACIÓN DA CASA NATAL DE AÑÓN. A MOCIÓN SERÁ DEBATIDA NO PRÓXIMO PLENO MUNICIPAL

