Entran en funcionamento as tres oficinas municipais de turismo do concello de Ribeira

Entran en funcionamento as tres oficinas municipais de turismo do concello de Ribeira, localizadas en Xarás, a avenida do Malecón e o parque periurbano de San Roque.

A diferenza de anos anteriores, os tres puntos de información van abrir todos os días da semana este verán.

Así, as oficinas do Malecón e San Roque estarán operativas de luns a domingo, de 11 a 14 e de 18 a 21 horas, en tanto que a de Xarás abrirá de 11 a 14 e de 17 a 20 horas.

Está previsto que funcionen ata o 15 de setembro, data en que como é habitual continuará a oficina de San Roque co seu horario de inverno.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.