O Páramo, en Lugo, conta con servizos financeiros logo de tres anos sen ter servizos bancarios o que obrigaba aos veciños a percorrer máis 15 quilómetros para sacar cartos. O conselleiro de Facenda e Administración Pública en funcións, Manuel Corgos, visitou hoxe o lugar que xa conta con estes servizos. Alí garantiu o compromiso da Xunta para a prestación de servizos financeiros en toda Galicia.
O CONSELLEIRO DE FACENDA EN FUNCIÓNS SUBLIÑOU O COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO PARA GARANTIR SERVIZOS FINANCEIROS DE CALIDADE DE TODOS OS CIDADÁNS CON INDEPENDENCIA DO LUGAR ONDE RESIDAN

