Sen que a Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) fixese nada para reducir os seus niveis de bombeo que causaron un exceso de oferta que saturou o mercado, produciuse unha subida nos prezos dos carburantes debido ao encarecemento do crú. Este acaba de superar os 50 dólares por barril. Situación que non se daba dende novembro.
O prezo dos carburantes aumentou un 9’75% entre principios de ano e o mes de maio. Subida que foi superior no caso do diésel, cun incremento do 10’6%, mentres que a gasolina encareceuse un 8’9%.
Para a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), estas subidas son «considerables para os consumidores se se ten en conta que se produciron cunha marxe escasa de tres meses».
https://www.youtube.com/watch?v=OsttRCHNfk0