O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións, Román Rodríguez, inaugurou esta mañá o I Congreso de Innovación Educativa e Dixital Dixinnova 2022. No acto participou tamén o director de Educación da OCDE e coordinador do informe PISA, Andreas Schleicher, que está a visitar Galicia para coñecer de primeira man o seu modelo educativo e afondar nos seus avances en materia de innovación. Na súa intervención, Rodríguez destacou a importancia de formar ás novas xeracións nas competencias actuais.
ARRANCOU EN SANTIAGO O PRIMEIRO CONGRESO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA E DIXITAL.

