O pasado domingo, un centenar de persoas relacionadas con Congalsa e cos empresarios da mesma ao frente, así como outros membros da directiva, realizaron unha andaina de máis de dez quilómetros. A actividade foi organizada non só con fins saudables senón que, principalmente, solidarios. Os interesados en participar tiveron que pagar unha simbólica cota de inscrición. Esta consistía nun quilo de alimentos non perecedoiros para a súa posterior entrega a familias necesitadas.
O percorrido tiña como lugar de saída Aguiño sobre as 10:00 da mañá cunha duración de tres horas. Durante todo o traxecto, Ramón Sampedro exerceu de guía e foi explicando dende lendas ata detalles naturais posto que é un gran coñecedor dos espazos naturais máis significativos da comarca.