O Goberno galego publicará proximamente unha nova convocatoria do programa de préstamos a propietarios particulares con xuros subvencionados para fomentar a rehabilitación e o fermosismo no eido residencial. Cun orzamento global de 400.000 euros destinados a cubrir os xuros, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) facilitará ás familias galegas a través deste programa unha liña de financiamento en condicións vantaxosas grazas ao convenio que ten subscrito con entidades bancarias.
A XUNTA FACILITARÁ O ACCESO A PRÉSTAMOS SEN XUROS PARA FOMENTAR A REHABILITACIÓN DE VIVENDA.

