Manuel Cartea e Manuel Teira uníronse para amosar a obra de Arthur Rimbaud a través dun formato pictórico e literario. Cartea traduciu ao galego os libros “Iluminacións” e “Unha tempada no inferno”, do poeta francés, mentres que Teira inspirouse nesas obras para trasladalas á pintura. A cada da cultura Raquel Fernández Soler acolleu a presentación das traducións e alberga a exposición das 35 creacións pictóricas.
A CASA DA CULTURA DA POBRA ACOLLE UNHA NOVA EXPOSICIÓN SOBRE ARTHUR RIMBAUD ELABORADA POR MANUEL TEIRA.

