O Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, presenta para o seu debate na vindeira sesión plenaria, unha moción relativa a regular as actividades mortuorias, relacionada coa oposición veciñal á instalación dun velatorio na Rúa Venecia.
Dende o PSOE destacan que aínda se está a tempo de recapacitar sobre a situación do velorio e estudar diferentes opcións que posibiliten a convivencia entre todos, dado que nesa zona se atopa o centro de saúde, a residencia da terceira idade, centro de día e polideportivo municipal.
Os socialistas temen ademais pola falta de aaprcamento no lugar, dado que consideran deficitario o aparcamento existente nas inmediacións do centro de saúde.