Icono del sitio CanalBarbanza.com

A POBRA ALBERGARÁ UN NOVO ITINERARIO FORMATIVO QUE TEN COMO OBXECTIVO FAVORECER A INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Na súa aposta pola adquisición de coñecementos orientados a acadar unha inserción no mundo laboral, a Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal e a FSC Inserta volven sumar forzas e deseñan un itinerario formativo dirixido a persoas con diversidade funcional. O programa consta dun total de tres cursos que se impartirán nos vindeiros meses na Casa da Mocidade e que contan co cofinanciamento da Fundación ONCE e do Fondo Social Europeo.

Salir de la versión móvil