Sin categoría

A festa do Carmen dos Pincheiros celebrarase os días 20, 21 e 22 de agosto

A Pobra do Caramiñal acollerá os días 20, 21 e 22 de agosto a popular festa do Carmen dos Pincheiros. De momento, celebrarase durante tres días debido ao presuposto co que se conta. Ao redor de 50.000 euros. De recadar máis cartos ampliaríase a duración aos catro días habituais dos anos anteriores.

Para conseguir este obxectivo venderán rifas, lotaría para o sorteo extraordinario do día 2 de xullo e unha churrascada na rambla do pantalán o 9 dese mesmo mes.

O programa é similar ao dos outros anos. Tres orquestas confirmadas e outras dúas pendentes, bandas de música, o tradicional desfile dos cabezudos, os inchables para os nenos e os San Juerguines son só unha pequena mostra de todo o que lle vai ofrecer esta cita aos asistentes.

Salir de la versión móvil