XXVI Xuntanza de Peñas Barcelonistas de Galicia

Boiro acolle os días 18 e 19 de Xuño a XXVI Xuntanza de Peñas Barcelonistas de Galicia. Dita celebración traerá á comarca a centos de seguidores culés, representacións do FC Barcelona e algúns ex xogadores.
Os detalles do encontro foron presentados nun acto no que participaron o presidente da peña barcelonista do Barbanza, Marcelino Sánchez e o alcalde de Boiro, Juan José Dieste, acompañados doutros membros da peña. Tamén se presentou a revista editada con motivo desta celebración.
Malia que se trata dun encontro de peñas barcelonistas os actos a celebrar están abertos a toda a veciñanza, o presidente das peñas convida ós veciños e veciñas da comarca a que se acheguen o sábado a partir das 18:00 á Cachada onde se tratarán temas como os valores do deporte.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.