Icono del sitio CanalBarbanza.com

O BNG DE NOIA RECLAMA O PINTADO DE PASOS DE PEÓNS EN ORRO E BOA.

O BNG presentou unha nova iniciativa para requirir á Xunta a instalación de pasos de peóns en Orro e Boa. A demanda foi apoiada por unanimidade pola Corporación municipal, porén o BNG xa anunciou que insistirá no Parlamento para a consecución destes elementos de seguridade. Segundo lembran os nacionalistas, malia a aprobación da Corporación requírese do beneplácito da Administración galega, a quen lle compete a xestión da estrada AC-550.

Salir de la versión móvil