O grupo parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo unha proposición non de lei sobre o conflito que se está a producir entre bateeiros e percebeiros pola extracción de mexilla das rochas. A medida foi aprobada por unidade con modificacións, e nela pídese á Xunta entregar documentos e informes científicos nos que se basea a restrición da extracción de mexilla nas costas galegas.
A COMISIÓN OITAVA DE PESCA E MARISQUEO APROBOU A PROPOSICIÓN DO PSDEG-PSOE PARA RESOLVER O CONFLITO ENTRE BATEEIROS E PERCEBEIROS POLA EXTRACCIÓN DA MEXILLA

