Sin categoría

A Xunta e o concello de Porto do Son coordinan as actuacións para poñer en funcionamento do programa de vivendas baleiras

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, e a secretaria xeral do mesmo, María Ángeles Domínguez, mantivo hoxe unha reunión coa concelleira de Servizos Sociais, Educación e Benestar de Porto do Son, Magdalena Pérez, co obxectivo de explicarlle o funcionamento do Programa de Vivendas Baleiras posto en marcha pola Xunta de Galicia no pasado mes de abril no marco do Plan rehaVIta, plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellor acceso á vivenda 2015-2020.

O concello de Porto do Son solicitou xa a adhesión ao devandito convenio. Na mesma reunión tamén se explicaron as 12 medidas postas en marcha polo Goberno galego de Galicia para evitar ou paliar os desafiuzamentos de vivendas.

Salir de la versión móvil