O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, e a secretaria xeral do mesmo, María Ángeles Domínguez, mantivo hoxe unha reunión coa concelleira de Servizos Sociais, Educación e Benestar de Porto do Son, Magdalena Pérez, co obxectivo de explicarlle o funcionamento do Programa de Vivendas Baleiras posto en marcha pola Xunta de Galicia no pasado mes de abril no marco do Plan rehaVIta, plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellor acceso á vivenda 2015-2020.
O concello de Porto do Son solicitou xa a adhesión ao devandito convenio. Na mesma reunión tamén se explicaron as 12 medidas postas en marcha polo Goberno galego de Galicia para evitar ou paliar os desafiuzamentos de vivendas.
https://www.youtube.com/watch?v=84L1ZpY3PiQ