Icono del sitio CanalBarbanza.com

A GARDA CIVIL IDENTIFICOU A CINCO MENORES COMO RESPONSABLES DE ACTOS VANDÁLICOS NO PASEO MARÍTIMO DE NOIA.

O paseo marítimo de Noia volve a ser o epicentro do vandalismo. Este sábado un grupo de mozos volveron a esnaquizar parte do mobiliario que o concello colocou tras os actos que se deron en Semana Santa. Sen embargo desta vez puido localizarse aos responsables e cinco menores de idade foron identificados pola Garda Civil. A presencia policial incrementouse logo dos actos vandálicos que se deron no mes de abril.

Salir de la versión móvil