Icono del sitio CanalBarbanza.com

O ESCRITOR NOIÉS XERARDO AGRAFOXO PLASMOU NUN LIBRO A SÚA VIAXE A BRASIL.

Somerxerse en diferentes culturas para coñecelas mellor. É o que está a facer o escritor noiés Xerardo Agrafoxo coa súa serie de obras enmarcadas na literatura de viaxes. Comezou a súa andadura con “Viaxe á última revolución” onde conta as súas vivencias en Cuba, seguiuna con “O país sen fronteiras”, que narra a súa experiencia en Senegal, e agora súmase Brasil. En “Nas terras vermellas do Brasil” resume unha viaxe de 45 días onde coñeceu lugares máis alá de Río de Xaneiro.

Salir de la versión móvil