O BNG de Ribeira esixe a celebración dun pleno extraordinario

A sección terceira da sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou unha sentenza a finais do mes de abril onde se lle impuña unha sanción ao Concello de Ribeira por mor da rotura dun emisario da decantadora do Touro. Suceso que provocou un episodio de contaminación marítima que lle afectou a polígonos bateeiros e repercutiu negativamente na súa producción.

Dende o Bloque Nacionalista Galego de Ribeira denuncian a actitude do Goberno Local por ocultar información que consideran moi relevante.

Sinalan que se debeu ter posto en coñecemento dos grupos da Corporación Municipal de inmediato.

Ademais, indican que a ocultación de información supón unha vulneración da lexislación vixente ao ocultar información vital para o futuro das arcas públicas e impide un correcto desenvolvemento do labor de fiscalización.

https://www.youtube.com/watch?v=VHNxnLz20NQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.