O Goberno estuda cambiar o actual desconto no prezo da gasolina. Ata o momento, a rebaixa está establecida en 20 céntimos ao litro en cada reposición, aínda que algunhas empresas anunciaron máis desconto nas súas gasolineiras.
A vicepresidenta e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, asume agora una das principais críticas desta medida: que a rebaixa indiscriminada era a opción máis rápida de aplicar, pero non a máis eficaz. Entre as críticas tamén se recollía que non beneficiaba ao usuario que máis o necesitaba, que non contribuía ao aforro e non disuade do uso do vehículo privado, unha dos acenos da transición ecolóxica. Esta axuda de 20 céntimos só iría para as familias máis vulnerables, algo que crea dúbidas nos veciños da comarca.

