Icono del sitio CanalBarbanza.com

A FIN DE SEMANA CONTARÁ CON VARIAS ACTIVIDADES CULTURAIS NA COMARCA.

Coa mellora da pandemia e a redución das medidas anticovid as propostas culturais volven case coa mesma asiduidade á comarca. Varios concellos da contorna contarán esta fin de semana con diversas actividades. O Concello de Outes retoma a celebración do Pampallín, que terá lugar mañá. A festa volve tras dous anos de pandemia á praza Galicia. As actividades comezarán ás 17.00 horas con xogos populares e inchables. A partir das 23.30 horas será a quenda dos concertos que ofrecerán o grupo Familia Caamagno, Disco CDC e a charanga Brassica Rapa.

Salir de la versión móvil