O tempo soleado e a peregrinación organziada pola parroquia desde a Igrexa de Santa Uxía ata o monte de San Alberto permitiron que a tradicional romaría de San Alberto recobrase vida, nunha festividade que se celebra o luns posterior á Semana Santa. Certo é que lonxe quedan eses anos nos que a xuventude acudía en multitude á capela para comer e pasar a tarde en San Alberto. Sen embargo, logo de dous anos de parón polo covid, este ano a actividade retomouse con moita iniciativa, co fin de ademais de recuperar a romaría, potenciala.
A ROMARÍA DE SAN ALBERTO RECOBRA VIDA LOGO DE DOUS ANOS SEN CELEBRARSE.

