Os descontos animaron a xornada do sábado en Ribeira

Trinta establecementos da cidade permaneceron abertos ata as 22:30 da noite do sábado con motivo da VIII Edición da Noite Aberta. Moitas persoas aproveitaron a cita para mercar roupa, calzado e complementos. As tendas de moda infantil foron as que máis actividade rexistraron. Esta era unha boa oportunidade para equipar aos cativos para o comezo do verán. E non era para menos. Os descontos incitaban a facer algunhas compras. De feito, certos produtos estaban rebaixados ao 50%, aínda que o habitual era atopalos entre o 10 e o 30%. Identificar aos comercios participantes foi unha tarefa sinxela, pois dispoñían dun globo distintivo con forma de estrela na súa entrada.

Pero isto non foi todo. Tamén houbo un amplo abano de actividades entre as que se atopaban degustacións, agasallos, animadas coreografías, danza tradicional ou inchables na Praza do Concello, entre outras. Todo isto a escasos días de que den comezo as rebaixas propias do verán.

O evento foi organizado pola Asociación de Empresarios de Ribeira en colaboración co Concello para dinamizar o comercio local. Un obxectivo que semellou cumprirse pola satisfacción que amosaban os comerciantes.

https://www.youtube.com/watch?v=IvxQyZ5P7bU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.