Icono del sitio CanalBarbanza.com

O BNG LEVA AO PARLAMENTO GALEGO A TRANSFORMACIÓN DA ESTRADA QUE UNE A AUTOVÍA DO BARBANZA COA AP-9.

O Bloque Nacionalista Galego da comarca retoma unha antiga reivindicación: que a Xunta asuma a titularidade da estrada provincial EP-8001 que une a ponte de Catoira coa AP-9. Os nacionalistas rexistraron unha iniciativa no parlamento para que o Goberno galego transforme esa estrada nunha vía de alta capacidade.

Salir de la versión móvil