O Museo Valle Inclán Da Pobra Ten A Exclusividade De Contar Coas Reliquias Deste Autor

Esta mañá a concelleira de cultura da Pobra do Caramiñal, Encarna Muíños, puxo en coñecemento dos veciños e veciñas da localidade as últimas doazóns que se fixeron aos fondos do Museo Valle Inclán.

Dende a concellería de cultura dou os seus agradecementos a José Vázquez, Antonio González Millán, Silvio Martínez, Jorge Domingo, José María Costa e Montserrat Rey Ouviña por doar diversas obras do autor ao que a Pobra fai culto.

En total foron 58 os libros que se doaron nesta tempada.

Encarna fixo fincapé na importancia de La Novela Corta, publicado no ano 1917 e que inclue o relato de Rosita, esta obra foi doada por José María e Montserrat que a mercaron nunha feira na cidade catalana de Barcelona.

http://youtu.be/x6p6z-_p1-0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.