O Concello da Pobra organiza un novo curso enfocado na hostalería. A Concellería de Desenvolvemento Local pon en marcha esta iniciativa tras manter conversas co sector, onde os profesionais transmitiron as dificultades que están a atopar para encontrar persoal cualificado que engadir ao seu persoal.
A POBRA DESENVOLVERÁ UN CURSO DE OPERACIÓNS BÁSICAS EN CAFETARÍA E BAR PARA FORMAR A UNHA DUCIA DE PERSOAS.

